Saltar ao contido principal

Publicacións

Música da semana curso 2025 / 2026

 Como cada ano, xa estamos de volta coa nosa programación musical.  Desta volta, a rapazada de quinto está a facerse cargo tanto das suxestións como dos carteis e os cambios de música na megafonía da escola. Nesta equipa estamos encantadas de contar coa colaboración da rapazada e continuaremos a promover que sexan elas e eles, promotores e dinamizadores desta iniciativa. Esta semana, para quentar motores para o Magosto, escoitaremos O rap do Magosto de Paco Nogueiras.  Que viva a música en galego!  Música da semana - curso 2025 - 2026 de Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Un mes en galego: xoguemos!

 Un dos retos era pasar o tempo e ver pasar o tempo xogando en galego.  Aproveitamos esta proposta para volver dinamizar os xogos en galego que temos na nosa biblioteca.  En quinto e sexto, unha vez máis volveu arrasar o "Roteiro de Galicia", un xogo moi interesante para coñecer mellor a nosa comunidade.  Ademais, tamén xogamos a verbolario, Vacaloura, Pasapalabras, O Gatipedro, Camiño de Compostela ou Aracatanga entre outros.  Foi un reto fantástico xa que nos permitiu gozar xogando! 

Un mes en galego: É tempo da nosa III Foliada escolar.

A nosa terceira foliada realizouse o 27 de maio nun día solleiro. Foi unha xornada fantástica na que compartir con toda a comunidade do noso centro, non só a estritamente educativa senón tamén veciñal.  Nesta xornada, alumnado, profesorado, familias e mesmo unha das nosas convidadas da Residencia San Telmo cantaron e bailaron para todos os asistentes.  Ademais, tivemos a oportunidade de compartir unha merenda todos xuntos e ata houbo agasallos. Libros segredos en galego que ó estar envoltos foron toda unha sorpresa a descubrir. Folletos informativos para que nos animemos a falar en galego nas casas tamén e; por último e non menos importante, chapas co logo do noso cole con forma de pandeireta.  Porque este ano e todos, que vivan as nosas pandereteiras.  Esta xornada foi dinamizada foi presentada polo alumnado de sexto de educación primaria que tamén contribuíu na súa dinamización.  O máis divertido foi poder bailar xuntas e xuntos, xa que antes tivemos dúas sesi...

Un mes en Galego: mudamos os nomes das aulas

 Descubrir a historia de Mulleres Galegas que cambiaron a historia é sempre atractivo e interesante para o alumnado, pero aínda é moito mais se esas mulleres traballadas convértense nas Donas do nome das nosas aulas.  Así empoderamos as mulleres galegas. Primeiro cada aula investiga sobre unha muller galega. Algunhas das nosas mulleres elexidas foron: Maruja Mallo, Vero Boquete, Irene González, Olimpia Valencia, Concepción Arenal, Sofia Casanova, Celia Rivas, Isabel Zendal, Isabel Barreto e Angeles Alvariño. Despois de esa investigación creamos un cartel para a nosa aula cos nomes das mulleres.  Compartimos algúns deles!

Un mes en Galego: adiviña, adiviñanza

 As adiviñas nunca fallan. Poucos xogos son mais divertidos para practicar e escoitar a nosa lingua que as adiviñas. @s cativos escoitan con moita atención e pensan ata atopar as respostas.  Preme aquí para descargar algunhas das moitas adiviñas que usamos este mes en Galego. Adiviñas coma estas:  A gozar co galego!!

Un mes en Galego: xogando palabras en galego

 Por que non xogas con nós? Propoñemos un xogo... Dicimos unha palabra en galego e ti pensa que pode significar, a que soa? que chega á túa cabeza?