Saltar ao contido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, arredor das Letras Galegas, non nos conformamos con celebralo un día, tivemos 17 DÍAS EN GALEGO!!!

Un montón de actividades de todo tipo. Mirade, miradade!!!

- "E ti, en que linguas falas?": reflexión na aula sobre usos lingüísticos.

- "Pegada de carteis": promocionando o uso do galego por Tui.


 

- "Xogos populares": compartindo xogo no patio.

- "Dígocho eu!": elaborando o noso propio vídeo na aula neste formato.







 

- "Adiviña, adiviñanza": lectura de adiviñas populares ao apadriñamento lector.

- "Museo de refráns": cunha exposición de diferentes refráns populares escollidos nos corredores.

- "Global muiñeira": interpretación dunha muiñeira implicando a todo o cole no patio.

- "Foliada": pola tarde coa colaboración de familias e intérpretes musicais.


 

- "Festival Letras Galegas": con actuacións de todo o alumnado na biblioteca.

- "Canción final": cantando todo o cole xuntos no patio 'Meu o mundo é'.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.