O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo.
O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.





Comentarios
Publicar un comentario