Saltar ao contido principal

Día da Poesía: Reforestación poética

O pasado 21 de marzo foi o Día das Poesías e dos Bosques, e o celebramos no monte de Areas cunha Reforestación Poética.

Durante a reforestación recibimos unha charla do grupo de expertos do Monte de Areas na que nos explicaron a importancia de Reforestar. Máis tarde, o alumnado puido ser partícipe en pequenos grupos da reforestación dalgunhas árbores autóctonas. 

Cada clase preparou un pequeno poema en galego en diferentes formatos para conmemorar este día, rematando cunha actuación do grupo Migallas.

Pasámolo en grande!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

TuiLe 2023

Neste curso 2022/2023, o alumnado de 2º curso de Educación Primaria acudiu a unha nova xornada da actividade proposta polo concello "TuiLe". Nela desfrutamos dunha fantástica xornada literaria coa actuación de Bea Campos, ademais de intercambiar libros con outros centros que tamén participaron na actividade.