O pasado 21 de marzo foi o Día das Poesías e dos Bosques, e o celebramos no monte de Areas cunha Reforestación Poética. Durante a reforestación recibimos unha charla do grupo de expertos do Monte de Areas na que nos explicaron a importancia de Reforestar. Máis tarde, o alumnado puido ser partícipe en pequenos grupos da reforestación dalgunhas árbores autóctonas. Cada clase preparou un pequeno poema en galego en diferentes formatos para conmemorar este día, rematando cunha actuación do grupo Migallas. Pasámolo en grande!