Saltar ao contido principal

Magosto 2023

No vindeiro mes de novembro celebramos no cole a nosa tradicional festa do Magosto. 

Este curso, en coordinación con outros equipos dinamizadores do centro (biblioteca e equipo de complementarias e extraescolares) deseñáronse diversas propostas en galego para o día en cuestión. 

Primeiramente tivemos unha xornada de xogos tradicionais en diferentes independencias do centro: tragacastañas, que non caia a castaña, carreiras de sacos, bolos celtas, aros musicais, equilibrios coa castaña, tres en raia... As nosas familias da ANPA viñeron a colaborar con nós e a dinamizar estes xogos. 

Continuamos a mañá comendo unhas ricas castañas asadas, tamén en colaboración das nosas familias.

Por último, a ANPA tamén colaborou financiando o concerto de Cé Orquestra Pantasma para que o noso alumnado puidera desfrutar dunha xornada de música en galego en directo na nosa biblioteca. 

Dende logo... foi un día para non esquecer! Grazas a todo o mundo por facer que a nosa tradicional festa puidera celebrarse deste xeito. 

Saúdos! 

PD: Deixamos un video resumo para quen queira ver algunhas das cousiñas que se fixeron... 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.