Este ano o Nadal no cole estivo cheo de sorpresas e festa para celebrar xuntos.
O día 19 de decembro recibimos na biblioteca do cole a visita de papá Noël ao que lle dimos as cartas cos nosos desexos. O 20 de decembro cantamos todos xuntos panxoliñas coas familias polas rúas de Tui e rematamos o paseo cunha estupenda merenda xunto á catedral. O último día do cole, o xoves 21 celebramos unha gran festa entre todos para despedir o ano coas campanadas.






Comentarios
Publicar un comentario