Saltar ao contido principal

Día da Paz

 Este ano celebrámolo no cole cantando pola paz. O alumnado de Educación Infantil cantou a canción "Campás pola paz", de Migallas, e o de Primaria a canción "Estamos de festa", de Uxía lambona e a banda molona.

Aquí tedes os vídeos. Desfrutádeo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Volve a música da semana!

 Volvemos escoitar música en galego durante os tempos de transición entre as distintas aulas e tamén ó comezo e final do día.  Que mellor maneira de comezar e rematar a xornada que gozando da música?   De seguido, poderedes ver as propostas musicais que están a soar e soarán durante o curso escolar. Agardamos que sexan do voso agrado. Non esquezades que tamén podees facer as vosas propostas escribindo nos comentarios da publicación.  Continuamos!  Música da semana de Andrea

É tempo de Samaín!

Durante a semana do Samaín, realizáronse diferentes actividades para coñecer a nosa cultura nesta festa: exposición de cabazas, lecturas, xogos, murais... Rematamos o día 31 con disfraces e celebrando todas as clases xuntas na biblioteca un pequeno festival, mesturando a nosa festa co Halloween. Pasámolo en grande!

É tempo de Magosto

 Chegou o Magosto! O 11 de Novembro foi día de festa no noso cole. O tempo agasallounos cun luminoso día de outono e coa colaboración das familias celebramos o Magosto na Alameda con moitos xogos tradicionais e unhas riquísimas castañas asadas... Rematamos a xornada cun concerto de rock para todas as idades da man de Pakolas que nos foi contando coa súa música un montón de historias divertidas ao tempo que Laura Romero ía ilustrando nun gran mural as personaxes da súas cancións. Toda unha experiencia!!