Saltar ao contido principal

Mes da ciencia en galego de 5º e 6º.

Durante este mes de novembro festexamos o mes da ciencia en galego na biblioteca do centro. Para iso traballamos por ciclos para ensinar diferentes experimentos.
O primeiro que fixemos foi acceder a páxina das bibliotecas escolares con toda a información sobre o tema, lemos o manifesto e observamos toda a información que tiña.
Despois o alumnado baixou a biblioteca e elixiu un libro do noso recuncho creado con diferentes libros de ciencia. 


Empregando o traductor de gaio, o dicionario Digalego e o da RAG traduciron o experimento e crearon un documento compartido con todos os experimentos nun DRIVE.  Con esta actividade, o obxectivo que buscamos é que foran autónomos para crear o seu propio contido en galego ampliando e que ampliaran o seu vocabulario.



Para continuar a actividade, o alumnado preparou un guión para expoñer os experimentos ao alumnado de 6º de primaria. Cada equipo tiña un experimento preparado e o alumnado de 6º en equipos rotaban por cada un deles cada 15 minutos. Ao rematar de pasar por cada experimento tiñan unha plantilla para dar propostas de mellora en base a uns criterios prefixados que o alumnado xa coñecía. Deste xeito, o alumnado de 5º podía incorporar as propostas simultaneamente, xa que repetiron a súa exposición 6 veces. 


Podedes ver o video de todo proceso, esperamos que vos guste!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

TuiLe 2023

Neste curso 2022/2023, o alumnado de 2º curso de Educación Primaria acudiu a unha nova xornada da actividade proposta polo concello "TuiLe". Nela desfrutamos dunha fantástica xornada literaria coa actuación de Bea Campos, ademais de intercambiar libros con outros centros que tamén participaron na actividade.