Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta plambe23-24

Mes da ciencia en galego de 5º e 6º.

Durante este mes de novembro festexamos o mes da ciencia en galego na biblioteca do centro. Para iso traballamos por ciclos para ensinar diferentes experimentos. O primeiro que fixemos foi acceder a páxina das bibliotecas escolares con toda a información sobre o tema, lemos o manifesto e observamos toda a información que tiña. Despois o alumnado baixou a biblioteca e elixiu un libro do noso recuncho creado con diferentes libros de ciencia.  Empregando o traductor de gaio , o dicionario Digalego e o da RAG traduciron o experimento e crearon un documento compartido con todos os experimentos nun DRIVE.  Con esta actividade, o obxectivo que buscamos é que foran autónomos para crear o seu propio contido en galego ampliando e que ampliaran o seu vocabulario. MATERIAL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA Para continuar a actividade, o alumnado preparou un guión para expoñer os experimentos ao alumnado de 6º de primaria. Cada equipo tiña un experimento preparado e o alumnado de...