Un paseo pola
vila de Tui para sementar galego
No mes de maio o alumnado da nosa escola
converteuse en embaixador do galego nunha actividade tan sinxela como poderosa:
unha saída pola vila de Tui para visitar diferentes comercios e colocar
pegatinas que animan ao uso da nosa lingua no día a día.
A experiencia foi moito máis ca un paseo. Foi
unha oportunidade para que as nenas e nenos tomasen conciencia de que o galego
vive na rúa, nos negocios, nas conversas cotiás, e que elas e eles tamén poden
contribuír a coidalo e facelo medrar.

Comentarios
Publicar un comentario