O alumnado do 3º ciclo levou a cabo durante un mes o proxecto "Coñecemos Galicia", no que investigou e compartiu información sobre as catro provincias galegas. Ao longo deste traballo recompilaron datos sobre o patrimonio cultural, os lugares naturais de interese, os persoeiros máis relevantes, os ríos e a gastronomía de cada provincia.
Para desenvolver o proxecto utilizaron os ordenadores da aula e traballaron mediante dinámicas de aprendizaxe cooperativa, organizándose en equipos tanto para a investigación como para as exposicións finais.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que lles permitiu ampliar os seus coñecementos e adquirir unha perspectiva máis ampla da riqueza cultural, natural e histórica de Galicia, ao tempo que reforzaron habilidades como o traballo en equipo, a comunicación oral e a busca de información.


Comentarios
Publicar un comentario