Coa colaboración do coordinador TIC, o alumnado do terceiro ciclo deseñou un mapa dos concellos de Galicia, que foi colocado na entrada do colexio para que todo o alumnado poida observalo diariamente e familiarizarse coa localización dos distintos concellos da nosa comunidade.
Esta iniciativa contribúe a reforzar o coñecemento da xeografía galega e converte un espazo común do centro nun recurso educativo accesible para toda a comunidade escolar.

Comentarios
Publicar un comentario