Saltar ao contido principal

É TEMPO DE MAGOSTO!

    Este ano, debido á choiva, tivemos que celebrar o Magosto no colexio e adaptar os xogos ao espazo dispoñible. Aínda así, pasámolo moi ben e puidemos gozar dunha estupenda xornada de xogos, convivencia e castañas.

   Aínda que a celebración tivo lugar no colexio, contamos igualmente coa realización de diversos xogos populares, entre os que destacaron o tiro á pirámide, o paracaídas, a castaña quente, os bolos e os aros musicais, entre outros.


                        

    Así mesmo, foi fundamental a colaboración das familias, que participaron tanto no asado das castañas como na dinamización e desenvolvemento dos xogos, contribuíndo ao éxito da xornada.

           

    Ademais, este ano, para rematar a xornada, contamos coa participación dun grupo musical formado por profesorado do centro e por familias do alumnado, que nos achegou á música tradicional galega a través dunha actuación que contribuíu a enriquecer a celebración e a promover o coñecemento e a valoración do noso patrimonio cultural.

                                        

    Unha vez máis, queremos agradecer á colaboración das familias sen as que este tipo de xornadas non serían posíbeis. Agardamos que o vindeiro ano poidamos volver gozar do Magosto ao aire libre e compartir esta fermosa tradición en comunidade.

                     















Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.