Con motivo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, o alumnado realizou unha actividade artística moi especial, inspirada nas coloridas e coñecidas obras de Keith Haring.
A través dos seus debuxos, os nenos e nenas traballaron valores como a amizade, o respecto, a igualdade e a cooperación. Utilizando figuras cheas de movemento, cores vivas e símbolos de unión, crearon composicións orixinais que transmiten mensaxes de paz e alegría, seguindo o estilo tan característico do artista.
Durante a actividade, o alumnado puido coñecer un pouco máis sobre a vida e a obra de Keith Haring, descubrindo como utilizaba a arte para expresar ideas importantes e achegalas a todo o mundo, dunha forma sinxela e divertida.
O resultado foi unha exposición chea de creatividade, ilusión e mensaxes positivas, que decorou os corredores do centro e lembrou a toda a comunidade educativa a importancia de construír un mundo máis pacífico dende pequenos.
Parabéns aos nosos artistas polo seu gran traballo!
Comentarios
Publicar un comentario