Este curso escolar polo día da muller traballadora fixemos diferentes propostas nas aulas. Cabe mencionar que o alumnado de infantil estivo traballando na idea de que da igual o que queramos ser que o importante é que cada quen pode ser o que queira ser.
Primeiro proxectamos unha presentación na que o alumnado tiña que pensar e responder coa súa idea acerca de diferentes estereotipos e despois, tamén sobre algúns oficios estereotipados.
Por último, o alumnado fixo un debuxo que formou parte dun mural colectivo coas familias que colgamos na porta de entrada de infantil.
Deixamos unha pequena mostra en fotos para que podades consultar.
.jpeg)
.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario