Saltar ao contido principal

Un mes en galego: xoguemos!

 Un dos retos era pasar o tempo e ver pasar o tempo xogando en galego. 

Aproveitamos esta proposta para volver dinamizar os xogos en galego que temos na nosa biblioteca. 

En quinto e sexto, unha vez máis volveu arrasar o "Roteiro de Galicia", un xogo moi interesante para coñecer mellor a nosa comunidade. 

Ademais, tamén xogamos a verbolario, Vacaloura, Pasapalabras, O Gatipedro, Camiño de Compostela ou Aracatanga entre outros. 

Foi un reto fantástico xa que nos permitiu gozar xogando! 





Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

TuiLe 2023

Neste curso 2022/2023, o alumnado de 2º curso de Educación Primaria acudiu a unha nova xornada da actividade proposta polo concello "TuiLe". Nela desfrutamos dunha fantástica xornada literaria coa actuación de Bea Campos, ademais de intercambiar libros con outros centros que tamén participaron na actividade.