Saltar ao contido principal

Un mes en galego: É tempo da nosa III Foliada escolar.

A nosa terceira foliada realizouse o 27 de maio nun día solleiro. Foi unha xornada fantástica na que compartir con toda a comunidade do noso centro, non só a estritamente educativa senón tamén veciñal. 

Nesta xornada, alumnado, profesorado, familias e mesmo unha das nosas convidadas da Residencia San Telmo cantaron e bailaron para todos os asistentes. 

Ademais, tivemos a oportunidade de compartir unha merenda todos xuntos e ata houbo agasallos. Libros segredos en galego que ó estar envoltos foron toda unha sorpresa a descubrir. Folletos informativos para que nos animemos a falar en galego nas casas tamén e; por último e non menos importante, chapas co logo do noso cole con forma de pandeireta. 

Porque este ano e todos, que vivan as nosas pandereteiras. 

Esta xornada foi dinamizada foi presentada polo alumnado de sexto de educación primaria que tamén contribuíu na súa dinamización. 

O máis divertido foi poder bailar xuntas e xuntos, xa que antes tivemos dúas sesións de bale tradicional co papá de Aldán na escola, que nos ensinou algúns puntos que foron de gran axuda. Ademais, de que tivemos dous retos chamados "Global muiñeira" durante o mes para practicar  e aprender bailar uns puntos. 












Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

TuiLe 2023

Neste curso 2022/2023, o alumnado de 2º curso de Educación Primaria acudiu a unha nova xornada da actividade proposta polo concello "TuiLe". Nela desfrutamos dunha fantástica xornada literaria coa actuación de Bea Campos, ademais de intercambiar libros con outros centros que tamén participaron na actividade.