Saltar ao contido principal

Un mes en Galego: mudamos os nomes das aulas

 Descubrir a historia de Mulleres Galegas que cambiaron a historia é sempre atractivo e interesante para o alumnado, pero aínda é moito mais se esas mulleres traballadas convértense nas Donas do nome das nosas aulas. 


Así empoderamos as mulleres galegas. Primeiro cada aula investiga sobre unha muller galega. Algunhas das nosas mulleres elexidas foron: Maruja Mallo, Vero Boquete, Irene González, Olimpia Valencia, Concepción Arenal, Sofia Casanova, Celia Rivas, Isabel Zendal, Isabel Barreto e Angeles Alvariño.


Despois de esa investigación creamos un cartel para a nosa aula cos nomes das mulleres. 


Compartimos algúns deles!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.