Con motivo de achegarnos un pouquiño máis á tradición oral, coñecemos que significa unha recollida e o que esta implica, vinculándose este directamente cos refráns, concretamente neste caso encadrados no eido da meteoroloxía. Este reto permite implicar a toda a comunidade educativa nesta búsqueda posto que o alumnado botou man dos pais/nais, avós/as, tíos/as, veciños/as...
Os refráns posteriormente puxéronse en común e creáronse carteis moi chulos como os que podedes ver a continuación. Recollemos refráns moi coñecidos, pero tamén descubrimos outros moitos novos. Botádelle unha ollada a ver que vos parece, concedes algún máis?

Comentarios
Publicar un comentario