O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data que nos invita a reflexionar sobre a diversidade e a inclusión. No noso centro, decidimos darlle unha volta ao concepto e poñer o foco non nas dificultades, senón nas múltiples capacidades que cada un de nós posúe.
Cada aula levou a cabo unha dinámica na que o alumnado identificou as súas propias fortalezas e habilidades. Dende a creatividade artística ata a destreza nos deportes, pasando pola empatía, a capacidade de escoita ou a habilidade para facer rir aos demais, todas estas cualidades forman parte da riqueza do noso centro. Con estas capacidades identificadas, creamos murais que agora decoran un dos corredores do colexio, acompañados das fotos de cada alumno e alumna.
Ao longo desta dinámica, aprendemos que todos temos algo que achegar e que a diversidade de capacidades fai que a nosa comunidade educativa sexa máis completa e enriquecedora. Ademais, este proxecto axudounos a comprender mellor aos demais e a valorar as diferenzas como unha fonte de aprendizaxe e crecemento.
Animámosvos a achegarvos aos noso cole e descubrir a gran diversidade de talentos que temos. Porque xuntos, sumamos capacidades!

.jpeg)


Comentarios
Publicar un comentario