Un ano máis, continuamos a amenizar as entradas e saídas da escola, así como os cambios de clase con música galega e en galego.
Esta programación continúa a achegarnos a distintos artistas da nosa contorna e a distintas opcións musicais (incluídas as instrumentais), así como a distintos estilos musicais.
De seguido compartímosvos as bandas e artistas que soaron e soarán durante o curso 2024 - 2025.
Agardamos que as desfrutedes!
Música da semana curso 2024 - 2025 by Andrea
Comentarios
Publicar un comentario