Un ano máis, celebramos a chegada do Samaín a través de distintas historias sobre a orixe da conmemoración. Ademais, fixemos a nosa tradicional exposición de cabazas na entrada do cole.
O alumnado e as familias contribuíron cunha gran variedade de cabazas do máis orixinais. Cabe destacar que, un ano máis, volvemos a animar a toda a comunidade educativa para que a elaboración dos calacús non implicase a utilización de materiais plásticos ou potencialmente contaminantes e para que recorresen a elementos naturais e non contaminantes.
Ademais, como novidade, este ano traballamos sobre os nosos medos, preocupacións e inquedanzas nas aulas. Posteriormente, visitamos a biblioteca para destruír os nosos medos grazas á máquina saca medos.
Desexamos que as cabazas vos gusten tanto como a nós!


Comentarios
Publicar un comentario