Saltar ao contido principal

É tempo de Magosto

Un ano máis volvemos desfrutar dunha fantástica xornada de Magosto. Comezamos a xornada camiñando ata a alameda de Tui, o alumnado maior acompañou ó menor nun paseo ata a localización. Unha vez alí, distribuímonos por clases en distintos xogos que foron realizados grazas, un ano máis, á colaboración das familias. Puidemos xogar a xogos populares como a comba, o tiro á pirámide, a castaña quente, os birlos, o pano, os aros musicais e a carreira de sacos entre outros. De seguido podedes ver unha mostra do ben que o pasamos.

 O paracaídas
 
Salto á comba



Despois de gozar de distintos xogos desfrutamos do show de Brais das Hortas no auditorio natural que da alameda mentres degustamos as castañas que nos prepararon durante o tempo de xogo. 





Unha vez máis, queremos agradecer á colaboración das familias sen as que este tipo de xornadas non serían posíbeis. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.