Saltar ao contido principal

Reivindicamos a igualdade o 8 de marzo e os 365 días do ano

Hoxe 8 de marzo, reivindicamos a loita das mulleres pola igualdade. Un camiño que se percorre os 365 días do ano. Neste curso, quixemos invitar a mulleres de oficios que constitúen patrimonio etnográfico da nosa terra: unha fiadeira, unha artesá e unha labrega para que nos falaran da súa labor á que nós achegamos durante a pasada semana. Ao mesmo tempo, tamén convidamos a dúas profesionais que traballan en sectores tradicionalmente masculinizados: unha obreira que nos mostrou algunhas das máquinas que empregan hoxe en días no sector da construción; e unha deportista de elite de loita libre que ademais, é fisioterapeuta. Así, a pasada semana recibimos a Ilda, Aida, Maribel (avoa de alumnas da escola), a Bea e a Noelia (de @tuisaude). Foi un pracer contar con todas elas nunhas xornadas que, de seguro, repetiremos. Feliz día da muller a todas as mulleres desta nosa comunidade. #igualdade #donasdesi #dinamizaciondalinguagalega #EDLG #empoderamento #biblitoecasescolares #bibliotecainclusiva

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.