Saltar ao contido principal

Panxoliñas no Mercado de Nadal

Rematamos o primeiro trimestre cantando distintos Cantos de Nadal no  Mercado de Abastos de Tui (as condicións metereolóxicas non permitiron cantalos na rúa). Alí, desfrutamos das panxoliñas das familias e do alumnado. De infantil a 6º de primaria deleitamos ós asistentes do mercado co noso arte. 
De seguido podedes ver as actuacións: 



 Este foi o repertorio que cantamos: 

A rapazada de infantil cantou "Buscando unha estrela". 

As familias de infantil: "Dinosaurios no Nadal". 

Primeiro deleitounos con "Buscando a Papá Noel". 

As familias de primeiro: "Todo é mellor cando é Nadal". 

O alumnado de segundo de primaria cantou "Na casa da miña avoa!".

As familias de segundo: "A luz do Nadal". 

En terceiro fixeron a canción "Panxoliña de todo o ano!". 

As familias de terceiro cantaron: "Panxoliña Beatle". 

As nenas e nenos de cuarto cantaron "Xa me tardan estes magos!" 

As familias de cuarto fixeron "Feliz Nadal". 

En quinto de primaria compartiron "O meu Nadal perfecto" 

Sexto cantou "Unha pouca roupiña" 

Finalmente as familias de sexto cantaron "Festexando o Nadal". 

Rematamos a xornada co profesorado cantando "O Aguinaldo". 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.