Este ano, como xa é tradición, volvemos celebrar o Samaín. Comezamos por achegarnos a esta tradición de orixe celta da man dun contacontos que nos presentou a mestra Ana Ruth. Ademais, fixemos unha exposición de cabazas que se sitou na entrada da escola. Queremos mostrárvola tamén por aquí, para que non vola perdades. Foi unha experiencia moi divertida que culminou coa visita ó túnel de Samaín / Halloween que o equipo de plurilingüismo preparou co gallo de dita efeméride. Unha experiencia multicultural, translingual e, sobre todo, moi divertida! Agardamos que a gocedes tanto coma nos.
O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión. O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo. Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!
Comentarios
Publicar un comentario