Saltar ao contido principal

É tempo de Magosto


 Chegou o Magosto!

O 11 de Novembro foi día de festa no noso cole. O tempo agasallounos cun luminoso día de outono e coa colaboración das familias celebramos o Magosto na Alameda con moitos xogos tradicionais e unhas riquísimas castañas asadas...





Rematamos a xornada cun concerto de rock para todas as idades da man de Pakolas que nos foi contando coa súa música un montón de historias divertidas ao tempo que Laura Romero ía ilustrando nun gran mural as personaxes da súas cancións. Toda unha experiencia!!








Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas. 

TuiLe 2023

Neste curso 2022/2023, o alumnado de 2º curso de Educación Primaria acudiu a unha nova xornada da actividade proposta polo concello "TuiLe". Nela desfrutamos dunha fantástica xornada literaria coa actuación de Bea Campos, ademais de intercambiar libros con outros centros que tamén participaron na actividade.