Boa tarde familias. Este curso necesitamos a vosa axuda para achegarnos a contidos máis diversos en lingua galega. Por iso, queremos achegarvos algúns recursos que agardamos que sexan da vosa utilidade. Se coñecedes algún recurso interesante, non dubidedes en compartilo connosco.
O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión. O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo. Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!
Comentarios
Publicar un comentario