Saltar ao contido principal

TUI LE 22


Este ano no noso concello tivemos a oportunidade de volver desfrutar do evento TUI LE, onde nos xuntamos todas as escolas para compartir creacións baseadas nas letras e nos libros. A temática deste ano era "mulleres nas letras". 


No noso caso asistiu o alumnado de 3º de primaria, que estivo traballando a obra e figura de Maria Victoria Moreno. 

Durante o evento leron poemas, e amosaron o cartel que fixeron para a ocasión. Puideron desfrutar dunha actuación e tamén do clásico intercambio de libros entre o alumnado das diferentes escolas da vila.

Deixámosvos as fotos por aquí. 









Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.