Saltar ao contido principal

O ENTROIDO XA CHEGOU!

 O Entroido é unha das festas máis importantes da cultura galega (tendo moitos nomes: Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo...).

A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera.

É unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben!

E como non, no CEIP Nº1 non quixemos quedarnos atrás coas celebracións e aproveitamos tamén para concienciar sobre os ODS!

Durante toda esta semana estivemos seguindo as ordes da nosa Meca, que tivo moi en conta o lema do cole deste ano "Pensa globalmente, actúa localmente. Xunt@s somos máis fortes!" para os seus mandatos.








E chegou o venres, día no que festexamos o Entroido cun desfile, onde vestimos os nosos disfraces reutilizados ou creados con materiais sostibles para concienciar a xente sobre problemáticas sociais ou o coidado do noso medio ambiente! 

Pasámolo xenial, con música, bailando, xogando e cantando! Aquí vos deixamos un vídeo-resumo para que tamén o desfrutedes!


 

 Vémonos pronto!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.