Hoxe celebramos no centro o Día da Ilustración. Dende a biblio propuxemos ao alumnado un obradoiro con Ares (@aresvg122), antigo alumno da escola. Acompañamos a presentación cun vídeo no que recolle algúns dos seus debuxos, e que podedes ver aquí abaixo.
Por
último elaboramos un mural colaborativo, no que todas e todos fixeron
un pequeno debuxo, completaron ou colorearon. Quedou claro que todas e
todos somos artistas!
Comentarios
Publicar un comentario