Saltar ao contido principal

É tempo de Magosto!

 O pasado venres 12 de novembro celebramos a conmemoración do Magosto na alameda de Tui. 

Todos os cursos acudimos á alameda para realizar diferentes xogos, algúns máis tradicionais que outros, nos que a protagonista foi sempre a castaña. 


Xogamos a buscar castañas na alameda o que non foi tarefa fácil. Buscamos castañas entre buxos, debaixo das follas, sobre as árbores, pero conseguimos atopalas todas. 



Tamén puidemos xogar ao tres en raia. Desta volta, en lugar de fichas empregamos castañas. 
Puidemos xogar tamén ás cadeiras do revés. En lugar de competir, axudabamonos para que ninguén perdese. Foi moi divertido tratar de encaixar dentro dos distintos aros; facer carreiras con castañas; etc. 





Entre xogo e xogo puidemos gozar da alameda e do que o outono foi deixando ó seu paso. 



Despois de desfrutar de todas estas actividades tivemos tempo para merendar e comer unhas deliciosas castañas que nos prepararon as familias da ANPA. Dende aquí dámoslles, unha vez máis, as grazas pola súa colaboración. 

A xornada do Magosto rematou coa fabulosa actuación de Paco Nogueiras. Deixámosvos unha mostra da súa música e do ben que o pasamos escoitándoo. 











Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.