Saltar ao contido principal

A VERDADEIRA HISTORIA DO SAMAIN


Este ano para celebrar esta festa popular decidimos facer fincapé en contarlle aos nenxs a verdadeira historia do Samaín. É dicir, falarlles que o Samaín é a festa orixinaria da que proveñen todas as demais (Todos os Santos e Hallowen) e explicarlles como esta festa nada ten que ver co medo senón mais ven coa gratitude e a ledicia. 


Para os celtas, a festa do Samaín significaba fundamentalmente tres cousas: 

  1. Dar gracias a Terra polo tempo de colleita e todos os froitos que nos deu durante o verán. A cabaza é un símbolo de agradecemento
  2. Festexar o final do verán e o fin dun ano. O calendario celta dividíase fundamentalmente en dous momentos e este coincidía co final dun ano. Coa luz das velas preparábamos para un período de escuridade e recollimento e por iso a vela simbolizaba, a luz dos días mais curtos e tamén a nosa luz interior.
  3. Ademais pensábase que na noite de Samain abríase unha porta entre o mundo dos vivos e os mortos e o vivían como a oportunidade de lembrar e recordar aos nosos seres queridos que xa non están. Encendían luces e poñían cabazas para iluminar o camiño a casa. Tamén poñían comida para festexar a súa visita e de ahí a tradición do "Truco e Trato".


Para explicar esta historia aos nenxs usamos esta presentación. Podes mirala AQUÍ

Reunímonos en grupos na biblioteca da escola e falamos, conversamos e gozamos sen medo da festa do samaín. Tamén escoitamos o conto de CORRE CORRE CABACIÑA e por suposto bailamos todos xuntos a canción que resume a historia deste conto tan coñecido. 

CONTO EN PDF 

CANCIÓN



Para rematar a visita miramos e gozamos da nosa exposición de cabazas creadas por todxs os membrxs da comunidades educativa. 



Nos espacios exteriores fixemos xogos divertidos en galego e Inglés:

1. HALLOCITY. Por equipos,  formaron  minicidades de Samain usando garbanzos, alubias, pintura, bastoncillos, e moita imaxinación...

2. Genial.ly. Usaron a pantalla interactiva para un xogo: na oscuridade tiveron que atopar pantasmas, morcegos e outras personaxes de Samain cunha lupa especial

3. Caixa sensorial. Metemos as mans nunha caixa e tocamos o que hai dentro. Sentimos as texturas e intentamos atopar e sacar o que nos pidan.


4. TIC-TAC-TOE (tres en raia). Usando conos e tarxetas, o equipo xogará ao tres en raia.


É unha festa preciosa! que invita a gozar, compartir e lembrar persoas bonitas das nosas vidas. 

 


Ademais nas aulas fixemos multitude de traballos relacionados con esta festa. 





Deixámosvos imaxes para gozar dun día especial!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.