Saltar ao contido principal

LETRAS GALEGAS 2021

 

Este ano 2021 a escritora homenaxeada nas LETRAS GALEGAS é XELA ARIAS

.  

Estamos namorados desta escritora galega! a súa poesía é delicada e transgresora e convídanos a reflexionar e imaxinar.

VIDE

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a ter ver a ti desde ti en ti.

 


A web de primavera das letras  é un recurso fabulosos para investigar e afondar na vida da autora.

 


Dende a nosa escola realizamos unha exposición coas imaxes de todas as mulleres e homes homexeados durante toda a historia das Letras Galegas dende o ano 1963 para reflexionar cos nenos e nenas sobre a realidade de que soamente haia 5 mulleres homenaxeadas dende esas datas. 




Deixamos mensaxes co noso sentir!


Fixemos un PROGRAMA DE RADIO onde entrevistamos a un neno ou nena de cada aula e xuntos abordar este tema. Deixámosvos a ligazon para escoitar a entrevista sobre o que pensan os nenos/as. Non cha perdas! as súas reflexións deixan ver a nosa sociedade do futuro!

 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.