Saltar ao contido principal

ENTROIDO

O ENTROIDO é unha data moi especial para nós, disfrazámonos, bailamos, comemos orellas e flores de entroido... Este ano foi un pouco diferente pero coas medidas de seguridade oportunas, fomos quen de celebralo como se merece. Pasámolo pipa!

En primeiro lugar, entre todo o alumnado do cole, elaboramos un libriño de COPLAS de entroido que podedes ver facendo clic na seguinte imaxe:


Cada clase organizouse para elaborar enxeñosas coplas e así poñer en valor esta tradición tan fermosa. Non puidemos ir cantalas polas rúas, mais iso non impediu que o fixeramos coas compañeiras e compañeiros. Esperamos que as desfrutarades tanto coma nós!

Ademais, durante a semana, o MECO mandounos unhas disparatadas ordes que cumprimos encantados e, quen non o fixo, acabou algo mollado polos mecos que visitaron as aulas do cole cada día ataviados coas dúas mellores galas.

E no medio de tanta festa, aprendemos cousas interesantísimas sobre o entroido galego, elaborando unhas caretas chulísimas de cigarróns, peliqueiros, pantallas e boteiros, e tamén nos convertemos en cociñeiros facendo unhas FILLOAS e ORELLAS de entroido moi, moi ricas.



ATA A PRÓXIMA!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA

O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión.  O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo.  Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!   

Un mes en galego: falando do TEMPO METEOROLÓXICO

  O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e  fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos  de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.

Reforestación poética

  Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais.  Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.