O día 12 de decembro celebramos no corredor de infantil o I Obradoiro en galego en familia. Este obradoiro estivo baseado no Nadal. Tiñamos un obxectivo, decorar o cole de Nadal coas nosas familias. Foi unha actividade que se fixo fóra do horario lectivo e pretendíase que o alumnado compartise unha tarde en familia no cole e con tal motivo adornalo para a ocasión. O resultado foi moi bonito, as familias estiveron moi receptivas e o alumnado estivo encantado e moi contento de ter a súa familia no cole e de poder decoralo. Fixemos unha chocolatada ao remate! mmm... que rico estivo todo!
O día 9 de Maio nos tres ciclos adicámolo a indagar na riqueza do vocabulario sobre o tempo que hai na nosa lingua. Buscamos nos diccionarios e en internet e fixemos murais con palabras e expresión que definen con moita precisión o estado do tempo na nosa Terra. O noso clima atlántico ofrécenos unha gran variedade de chuvias e outras características do tempo. O día 12 de maio observamos as indicacións dos partes meteorolóxicos de Meteogalicia e xogamos a ser meteorólogos e interpretar correctamente os mapas coas lendas que falan das temperaturas, os ventos, a presión atmosférica ou o estado soleado ou nuboso do ceo... foi moi divertido e aprendimos a utilizar unha linguaxe máis precisa sobre o tempo atmosférico.
Con motivo do día da poesía, todo o alumnado da escola visitamos o monte comunal de Areas no que realizamos a plantación de varios árbores e tamén probamos as mangueiras para regar que empregan os técnicos forestais. Posteriormente, cada curso cantou, tocou ou recitou unha poesía que compartimos con toda a comunidade educativa. Finalizamos a mañá desfrutando dun concerto de Brais das Hortas.
Comentarios
Publicar un comentario